O CD Espadana fai público un comunicado en contra da violencia no deporte.
Tanto a directiva como a totalidade dos xogadores que integran o equipo do CD Espadana, queren mostrar o seu total rexeitamento a violencia no fútbol en calquera das súas formas, tanto dentro como fóra dos campos. Queren expresar o seu firme posicionamento de tolerancia cero contra calquera tipo de violencia no deporte en xeral.
Dende o club de fútbol do Espadana, o que se pretende é fomentar e promocionar os valores diste apaixonante deporte, especialmente nestas categorías de afeccionados. O esforzo, entrega, solidariedade, compromiso, compañeirismo e sobre todo ilusión, é o que mantén a este tipo de equipos.
Non obstante, tras os desafortunados incidentes ocorridos no encontro do día 15 de marzo, no partido que enfrontaba ó CD Espadana e ó Soutopenedo, o Club Deportivo Espadana, así como os xogadores implicados no incidente , queren pedir desculpas publicamente.
En primeiro lugar, pedir desculpas á persoa do colexiado do encontro, que con acertos ou desacertos, non se xustifica ningunha reacción violenta por parte de ninguén. En segundo lugar, á afección do noso club que apoia incondicionalmente ao equipo. E por último, a todo o mundo do fútbol.
Insistir en que foi un acto illado, que non nos representa e que non nos gustaría que ensuciase o nome deste humilde club.
7 Contos
Hace 6 meses
0 comentarios:
Publicar un comentario